Taller de Cociña para a mocidade
Fecha: 2019-03-22
Este sábado, 23 de marzo terá lugar un taller de cociña organizado polo Concello do Grove coa colaboración do Obradoiro de Hostalaría A Lanzada.
O taller será totalmente de balde para os 15 participantes, mocidade de 18 a 30 anos, e durará dúas horas, de 11.00 a 13.00 h. A formación será nas instalacións do obradoiro de hostalaría situadas no Centro de Vacacións A Lanzada.
Lembramos tamén que durante as vacacións escolares de Semana Santa, concretamente os días 15 e 16 de abril, o obradoiro tamén vai ofrecer uns talleres de cociña, neste caso para mozos e mozas de 11 a 17 anos.
As persoas participantes na actividade deste sábado poderán aprenderán diferentes receitas: suxi, enchiladas, picos de gallo, mojitos, tacos e cócteles comestibles.