Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove pon en marcha unha nova temporada de andainas

Fecha: 2019-03-27

 

A primeira terá lugar este domingo, 31 de marzo, pola Ruta do Río Fraga en Moaña.

 

O Concello do Grove do Grove continúa co seu programa deporte para todas as idades e todo o tipo de público tentando xeneralizar a vida saudable entre a veciñanza da localidade. Para este fin, volve a iniciarse o programa de andainas, que nos vindeiros meses contará con varias actividades.

 

Para comezar, o vindeiro domingo 31 de marzo proponse unha andaina a Moaña, onde se realizará a ruta do Río Fraga, cun percorrido de 15 quilómetros á beira do río e pasando por diferentes muíños. A saída será ás 9.00 horas desde a estación de autobuses e o prezo é de 23 euros por persoa, incluíndo a comida. A inscrición pode realizarse a través da axencia de viaxes Vionta.