Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove traballa na mellora da rede escultórica

Fecha: 2019-03-29

 

Os servizos municipais revisan o estado das obras, recolocan as desprazadas e integran outras.

 

A gran cantidade de obras escultóricas das que dispón o Concello do Grove, froito a meirande parte delas dos simposios da Festa do Marisco, pero tamén doutras iniciativas culturais diversas, requiren dun amplo traballo de mantemento e conservación. Nos pasados días comezaron os traballos de recuperación do conxunto escultórico de Moreiras, que foi obxecto dun acto vandálico, no cal realizou traballos de coidado a Escola de Canteiros da Deputación.

 

Ademais disto, nestes días son os servizos municipais locais os que están reinstalando e limpando algunha das valiosas obras que se atopan nas rúas e prazas da localidade. Tal é o caso da obra do arxentino Jorge Romero, creada en 1991, e que foi colocada no xardín lateral do Concello. Esta obra sufrira unha rotura e foi un veciño da localidade, especializado en traballos deste tipo, o que se ofreceu para arranxala. Tras a reparación, o pasado venres puido volver a ser colocada.

 

Coa intención de manter un ritmo de actuación dunha obra por semana, estes días tamén se colocou a obra “Siéntante, siéntate”, de Gotzon Huegun, participante no Simposio de Escultura da Festa do Marisco, no xardín lateral da Oficina de Turismo, na praza do Corgo.