O CIM organiza un novo grupo de crecemento persoal
Fecha: 2019-04-15
Novo grupo de crecemento persoal, organizado polo Centro de Información ás Mulleres do Grove e facilitado por Beatriz P. Laranxeira.
O grupo de crecemento persoal está pensado como un espazo onde re-coñecerse e explorar os propios recursos, fortalezas e capacidades así como os propios límites e vulnerabilidades, con liberdade e en confianza. Un espazo en que se afinará a escoita do propio corpo, sensacións, emocións e pensamentos, así como a escoita das outras persoas do grupo. Unha escoita individual e colectiva.
Será todos os mércores das 17.00 ás 20.00 horas, a partir do 24 de abril.
Prazas limitadas.
Inscrición ou máis información, antes do día 22 de abril, a través do enderezo electrónico dinamizacim@gmail.com ou chamando ao 986 730 900.