O Concello do Grove celebra a Festa dos Maios 2019
Fecha: 2019-04-15
O Concello do Grove vai celebrar o concurso da Festa dos Maios 2019 cuxas bases serán aprobadas na próxima Xunta de Goberno Local.
O concurso terá lugar o mércores 1 de maio na Praza do Corgo e nel poderán participar todas as asociacións culturais, colexios, grupos, colectivos veciñais, entidades e persoas que así o desexen.
Quen queira participar pode realizar a súa inscrición o mesmo día 1 na praza do Corgo, entre as 10.30 e as 11.30 h, e poderá concursar en tres modalidades distintas: Maios Tradicionais, Maios Artísticos ou Coplas e Interpretación.
Cada participante recibirá 30 euros por participar e, así mesmo, estableceranse tres premios en cada una das categorías: un primeiro premio de 150 €, un segundo de 100 € e un terceiro de 50 €, nas categorías de Maios tradicionais e Maios Artísticos. Na categoría de Coplas e Interpretacións os premios serán de 80, 50 e 30 euros.
O Concello do Grove instalará xogos populares e a xornada estará a amenizada polos “Sons da Rúa” da Asociación Paradanda-Mecos.