O restaurante donostiarra Arzak faise co IX Premio Nacional de Gastronomía Tradicional Lola Torres
Fecha: 2010-10-07
O xurado do IX Premio Nacional de Gastronomía Tradicional Lola Torres, promovido pola Fundación Amigos de Galicia coa colaboración do Concello do Grove e a Dirección Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, acordou onte, por unanimidade, entregarlle o galardón deste ano ao restaurante donostiarra Arzak.
O ditame motivouse pola extensa tradición familiar deste establecemento hostaleiro e polo labor desempeñado por Juan Mari Arzak no campo da investigación culinaria e da difusión da gastronomía.
O establecemento vasco foi seleccionado entre outras 81 propostas presentadas por diferentes asociacións e clubs gastronómicos de toda España.