Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove aproba as bases de axudas para actividades promocionais e comerciais

Fecha: 2019-05-06

 

A Xunta de Goberno local aprobou na súa reunión de hoxe as bases de axudas para actividades promocionais e comerciais. Trátase dunha liña de axudas creada hai xa tres anos para axudar na organización de actividades que permitan desestacionalizar a oferta turística e realizar accións de promoción do comercio local. Estas axudas contan cun orzamento de 8.000 euros e poderán ser solicitadas por asociacións comerciais ou agrupacións informais de comerciantes ou hostaleiros.

 

A través destas axudas téñense financiado actividades como o Desembarco Pirata, O Grobús ou o Concurso Canino. Esta axudas concédense en función de criterios obxectivos e competitivos que permiten dotar de total transparencia a este tipo de axudas. As bases terán que ser agora publicadas no Boletín Oficial da Provincia para que se abra o prazo de presentación de solicitudes.