O Concello do Grove corta eucaliptos perigosos na zona da Illa da Toxa
Fecha: 2019-05-13
O Concello do Grove mantivo traballos durante o pasado xoves para talar de eucaliptos na zona do Redondo, xa que as súas ramaxes esran perigosas e podían causar algún problema. Estes traballos realizáronse de 9.00 a 15.00 e de 16.00 a 21.00 mediante un brazo telescópico. Ademais destas melloras, esta semana cortaranse árbores en mal estado tamén na contorna da Illa. Está previsto que se corte tamén unha rama de eucalipto que está causando danos no tellado do pavillón do colexio de Conmeniño.