Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove aproba as subvencións para actividades culturais do ano 2019

Fecha: 2019-05-21

 

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana as subvencións das subvencións a entidades culturais co obxecto da organización de actividades durante o ano 2019. As mencionadas axudas foron convocadas segundo unhas bases consensuadas coas propias agrupacións culturais (tal e como se leva facendo desde o ano 2015) e reparten un orzamento de 30.000 euros, cantidade á que se ten chegado incrementando paulatinamente a dotación para este fin desde os 22.000 euros que tiñan asignados hai catro anos.

 

O reparto das subvencións realízase atendendo a unha puntuación que se asigna mediante criterios obxectivos nos que se valora especialmente a oferta diversa e variedade de actividades, pero tamén a súa accesibilidade e gratuidade, así como a colaboración directa das asociacións para mellorar a proposta cultural do municipio. A totalidade das asociacións culturais rexistradas no rexistro municipal como entidades dedicadas á promoción cultural recibiron esta axuda, a excepción dunha que non a solicitou.

 

Acta de concesión das subvencións>