Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A OMIX, tamén de tarde

Fecha: 2010-10-14

Ademais do seu horario habitual (de luns a venres, de 08.50 a 15.00 h), a partir do 15 de outubro a OMIX tamén abrirá os mércores de 16.00 a 20.00 horas.

 

Xa que logo, durante esta xornada de tarde tamén se poderán resolver cuestións que se levan a cabo desde esta oficina municipal, como a emisión do cané xove, información sobre formación, actividades, axudas para a mocidade etc. Ademais, poderase consultar o taboleiro de anuncios de emprego e facer uso dos equipos informáticos que teñen acceso gratuíto á  Internet.

 

Cómpre salientar que no novo horario de tarde non se poderá selar a tarxeta de desemprego.