Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Álvaro Fuentes será o Embaixador da Festa do Marisco en Amsterdam

Fecha: 2019-06-14

 

A presentación terá lugar o próximo 4 de xullo ás 12.00 horas no Level Eleven da Estación Central da Cidade Holandesa.

 

A presentación internacional da Festa do Marisco que se celebrará este ano en Amsterdam contará coa colaboración do chef Álvaro Fuentes do Restaurante Meloxeira. O acto, financiado pola Secretaria Xeral de Turismo da Xunta de Galicia dentro do programa de axudas ás Festas de Interese Turístico Nacional, terá lugar o 4 de xullo e nel participará a delegación do Grove, que terá como referente fundamental o cociñeiro local que será o encargado de realizar un showcooking de produto do Grove perante xornalistas e touroperadodes holandeses. Lembramos que o destino foi elixido pola existencia de voos directos a Galicia desde a cidade de Amsterdam, tal e como se fixera en anos anteriores con presentacións en Dublín ou Bolonia.

 

A oficina holandesa de Tourespaña está colaborando en todo momento na colaboración deste importante acto que require dunha importante loxística, especialmente no relativo ao traslado do produto. Para a ocasión está confirmado que se contará con empanadas, vieiras, polbo e mexillón (co que sempre colabora a Cooperativa Amegrove) e estanse valorando as posibilidades doutros produtos. Ademais do showcooking e da degustación, o acto contará coa presentación das peculiaridades da “Zeevruchtenfestival van O Grove”, con material en holandés e en inglés.