Comeza a promoción da Festa do Marisco con outro gran cartel musical para os ‘Concertos do Marisco’
Fecha: 2019-06-19
O pasado venres presentouse oficialmente.
Na mañá do venres 14, o alcalde e a concelleira de Turismo e Cultura en funcións fixeron público o cartel dos Concertos do Marisco 2019. Trátase dun festival de música consolidado e que se posiciona entre os máis importante do panorama galego coa peculiaridade de ser un festival gratuíto e conseguir, ademais, diversificar o público que cada ano acode á Festa do Marisco.
Na liña marcada hai catro anos, os Concertos do Marisco contribúen a conseguir que a Festa do Marisco resulte de interese para un público máis novo, ao tempo que dinamiza o festival gastronómico máis importante de España, convertíndoo nun referente cultural e musical. Con esta presentación e coa presentación internacional de Amsterdam nas vindeiras semanas ponse en marcha toda unha maquinaria de promoción para manter o bo nivel que a Festa do Marisco ten demostrado estes anos.