Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Rutas de sendeirismo

Fecha: 2010-10-20

O Concello do Grove, a través da Concellería de Limpeza, pon de novo en marcha, despois de acondicionalas e mellorar a súa sinalización, dúas rutas de sendeirismo da nosa localidade.

 

Trátase de dous percorridos de pouco máis de 3 km cada un que transcorren por boa parte do litoral da parroquia de San Vicente e que, alén de destacar a riqueza natural e paisaxística da contorna pola que pasan, tamén poñen de relevo o valor etnográfico e histórico destes enclaves naturais. Para tal fin, o Concello editou dous trípticos informativos en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e a Federación Galega de Montañismo con planos das rutas e información de interese.

 

Pode descargar os trípticos nos seguintes enlaces:

Ruta PR-G 115 Ador Vello. Lembranzas da Historia

Ruta PR-G 116 Con Negro. Arte ao Natural