Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove celebra o Día da Patria cun acto institucional na praza do Corgo

Fecha: 2019-07-22

 

Durante toda a semana desenvolverase unha intensa programación cultural

 

O Concello do Grove celebra o 25 de xullo, Día da Patria Galega, cun acto institucional que terá lugar na praza do Corgo.

 

O acto comezará ás 21.00 h coa interpretación do Himno de Galicia a cargo da Coral Polifónica da Confraría de Pescadores San Martiño, continuará con interpretacións musicais de Clara Pino e Pablo Vidal e intervencións poéticas de M.ª Carmen Cacabelos e Queco Fresco. Así mesmo, tamén intervirán José Antonio Cacabelos, alcalde do Grove, e Noemí Outeda, concelleira de Cultura.

 

Durante a semana a programación cultural será moi intensa, con novas e variadas propostas para todos os públicos.

 

O martes terá lugar unha nova sesión de contacontos na rúa Alcalde Xacobe Barral Otero, coa representación de Travesías, a cargo de Raquel Queizás, dirixida a público familiar.

 

O mércores 24 de xullo a Asociación Cultural e Musical Os Firrás achegarán ata a praza do Corgo unha nova edición de Noite de Serenatas coa participación do Grupo Lembranzas Moañesas e Os Firrás.

 

O venres 26 será a quenda para a maxia, o humor e a diversión. Expresión Produccións representará na Praza do Corgo Un, dous, tres, espectáculo teatral  do ciclo Cultura no Camiño con maxia, música, clown, participación do público e moitas sorpresas para gozar en familia.

 

Xa o sábado 27 de xullo a Coral Polifónica de San Martiño celebrará o VI Memorial Loli Cabanelas cun concerto de zarzuela no cal tamén participarán a Coral Polifónica de Santa María da Adigna, de Portonovo, a soprano Concha Rodríguez, a mezzosoprano Andrea Rey e os tenores Xabier Orge e Cristian Wagner.