Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove ofrece outra semana repleta de actividade cultural

Fecha: 2019-08-13

 

O Concello do Grove, dentro do programa Verán Cultural, ofrece outra semana repleta de múltiples propostas para todos os gustos.

O programa comezará o martes 13 de agosto cunha nova sesión de contacontos con voz de muller e sabor local: Utopías, a cargo da meca Atenea García, de Xarope Tulú. O espectáculo, recomendado para grandes e pequenos, desenvolverase na rúa Alcalde Xacobe Barral Otero a partir das 20.30 h.

O mércores 14 de agosto, como xa vén sendo habitual, será a quenda dos Cinemas de Verán. A partir das 22.00 h proxectarase na rúa de San Antonio Johnny English de nuevo en acción, a terceira entrega da saga Johnny English, unha divertida comedia británica recomendada para todos os públicos.

O xoves 15 de agosto, a partir das 21.30 h na praza do Corgo, unha nova entrega dos Xoves Musicais a cargo de Os Firrás.

O venres 16 de agosto ás 22.00 h, dentro do programa Cultura no Camiño representación de teatro musical a cargo do Garaxe Hermenéutico: E se os soños se cumpren..., unha comedia fantástica e musical para toda a familia, con música rock, moita acción, diversidade e sensibilidade.

Xa o sábado 17 de agosto, a partir das 20.30 h, volve a música á praza do Corgo. Festival de Verán organizado pola Asociación de Xubilados e Pensionistas coa colaboración do Concello do Grove e que contará coas actuacións da Coral Polifónica ASXUPÉN, que Cantigas de Villalonga e as Pandeireteiras de ASXUPÉN.