Unha unidade móbil de ITV para vehículos agrícolas visitará San Vicente a comezos de outubro
Fecha: 2019-08-28
O Grove recibirá o día 2 de outubro a visita dunha unidade móbil da ITV. Nesta ocasión instalarase no Campo da Feira, en San Vicente para realizarlles a inspección técnica aos vehículos agrícolas que a precisen.
O horario de atención será de 9.00 a 13.30 horas e 15.15 a 18.00 horas e pódese solicitar cita previa chamando ao teléfono 902 309 000 ou a través da páxina web: www.sycitv.com-Cita previa.
Con todo, advírtese que a admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.