Visita da directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ao Campo de Voluntariado
Fecha: 2019-09-10
Onte luns 9 de agosto, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, xunto coa concelleira de Medio ambiente, María Angeles Domínguez, visitaron o traballo que se está realizando no Grove a través do Campo de Voluntariado concedido por este departamento da Xunta de Galicia ao noso concello.
Esta actividade, de ámbito internacional, ten lugar entre o 1 e o 12 de setembro e a súa modalidade é medioambiental e patrimonial, que consiste na recuperación de varios miradoiros de aves e na extracción de plantas invasoras en diferentes praias da vila. A actividade está xestionada polo Cámping Os Fieitás.
No Campo participan catorce mozos e mozas de entre 18 e 30 anos que proceden de diferentes zonas de Galicia, doutras comunidades autónomas e mesmo de países como, Italia, Alemaña e México.