A Festa do Marisco mantén a calidade do produto atlántico
Fecha: 2019-10-06
A calidade do marisco que se pode degustar na Festa do Marisco fai que esta siga a despuntar no número de racións consumidas.
Os produtos elixidos polos visitantes fan destacar o polbo con 728 racións consumidas, os mexillóns con 666 racións, o arroz de mariscos con 602 racións ou as navallas con 455. O bo facer dos panadeiros grovenses queda patente ante case 900 racións de pan e ao redor de 600 racións de empanadas de atún, centeo con zamburiñas, mexillón ou polbo. A novidade introducida o ano pasado co cangrexo real está a consolidarse e durante a xornada do venres chegáronse ás 100 racións. Os percebes e as ostras suman outras 500 racións e así podemos seguir co resto dos mariscos. A novidade deste ano nas bebidas está no viño espumoso que empeza a maridar cos produtos do mar.
Concertos na Festa do Marisco
Volta a encherse a carpa dos Concertos do Marisco. Nesta ocasión o público foi moito máis mozo, en moitos casos acompañados aínda polos seus país. A noite do sábado contou coa actuación de Christina Rosenvinge, Imelda May, Triángulo de Amor Bizarro e, para rematar, o DJ Nano Vinilo.