Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Casa da Cultura Manuel Luero Rey reabre ao público o luns 21 de outubro

Fecha: 2019-10-14

O vindeiro luns 21  de outubro  retoma a súa actividade a Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey. A biblioteca municipal abrirá a partir desa data no seu horario habitual: de luns a venres, de 9.00 a 14.00 h e de 16.30 a 20.30 h.

Xa se construíron as novas ramplas no primeiro piso así como o oco que vai albergar o ascensor. A obra completa darase por finalizada a finais de novembro coa instalación do elevador, que está a ser feito a medida para adecualo ás características da casa da cultura.

 

O principal obxectivo desta actuación é garantirlle a toda a poboación dereitos inalienables de todas as persoas que ata ese momento non podían exercer, habilitando estas instalacións para que se poidan utilizar de forma autónoma e cómoda para beneficiar o aproveitamento dun espazo e duns servizos para todas e todos, suprimindo as barreiras que impiden, non só a mobilidade das persoas, senón tamén a súa comunicación e o seu acceso ao coñecemento.

 

Para acometer estas melloras foi necesario pechar as instalacións ao público durante o tempo necesario para facer as obras de construción e habilitar un paso seguro para o persoal e a poboación.

 

Esta semana limparase o edificio, acondicionaranse as súas salas e instalarase o equipamento, que fora retirado para evitar danos,  para que poidan ser utilizadas nas mellores condicións posibles pola poboación e acoller a programación da semana da biblioteca á espera da colocación do ascensor.