Actividades extraescolares 2010-2011
Fecha: 2010-10-25
A Concellería de Educación presenta a relación de actividades extraescolares que no presente curso 2010/2011 se impartirán para o alumnado grovense.
En concreto, ofertaranse no presente curso as actividades de baile galego, pandeireta e canto, debuxo e pintura, ludoteca, informática, natación, encaixe de palillos, baile de salón, xadrez e habilidades sociais.
O prazo para presentar os impresos de inscrición nestas iniciativas formativas estará aberto desde o luns 25 ata o venres 29 do mes que andamos, e deberán entregarse no salón de plenos do concello en horario de 10.00 a 13.00 horas.
Estas actividades desenvolveranse entre o 2 de novembro de 2010 e o 31 de maio de 2011 nos colexios Rosalía de Castro e As Bizocas, na casa da cultura, no antigo local de Érguete e no pavillón náutico. O curso de natación terá lugar na piscina de Cambados.