Siradella Films faise co Premio á Creatividade do Proxecto Youtubeir@s 2019
Fecha: 2019-12-03
O Teatro Principal de Santiago de Compostela acolleu o serán do pasado venres 29 a gala de entrega da terceira edición dos Premios Youtubeir@s. Entre as diferentes categorías premiadas, cómpre parabenizar dun xeito especial o galardón que distinguiu a empresa grovense Siradella Films, que gañou o Premio á Creatividade pola súa canle Cativos na cociña.
Youtubeir@s é unha iniciativa organizada polos servizos de Normalización Lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Cedeira, Moaña, O Grove, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Rianxo, Santiago e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña.
Ao acto acudiron representando o Concello do Grove o alcalde, Jose Cacabelos (quen entregou o premio á categoría vídeo-cantarmos) e o técnico municipal de normalización lingüística, Arximiro Fernández Cabanelas.
Velaquí a relación completa das premiadas e premiados nesta edición:
PREMIO AO MELLOR VÍDEO-FACERMOS
O radon: malos modais para un gas nobre. Aarón Vilariño.
https://www.youtube.com/watch?v=Vr37_Zg1IfY&list=PLClP96GGteLRphcjqvNBa88yqQomyHvJF
PREMIO AO MELLOR VÍDEO-OPINARMOS
Como se forma un cantil. O exemplo de Santa Mariña de Augas Santas (Praia das catedrais). Xacobo de Toro e Rocío Romar.
https://www.youtube.com/watch?v=KZgZdcx0bow&list=PLClP96GGteLRphcjqvNBa88yqQomyHvJF&index=2
PREMIO AO MELLOR VÍDEO-CANTARMOS
O Queimaserebros. Blanca e Tinta.
https://www.youtube.com/watch?v=AMHrurIp8Pw&list=PLClP96GGteLRphcjqvNBa88yqQomyHvJF&index=3
PREMIO Á MELLOR CANLE
Aquel-e
https://www.youtube.com/channel/UCYxdWMt20UtFm3mYSQNrWyg
PREMIO Á CREATIVIDADE
Canle: Cativos na cociña.
https://www.youtube.com/watch?v=zFhcUooo8wY&list=PLClP96GGteLRphcjqvNBa88yqQomyHvJF&index=4
PREMIO Á EFICIENCIA COMUNICATIVA
Rosalía ft. Rosalía - Malaxente (MJ Cover). MJ Pérez.
https://www.youtube.com/watch?v=8MSpUi7qWTs&list=PLClP96GGteLRphcjqvNBa88yqQomyHvJF&index=5
PREMIO Á CALIDADE TÉCNICA
Videoclip Os novos - Quero Fugir. Aarón Vilariño.
https://www.youtube.com/watch?v=6H7_WrYA77w&list=PLClP96GGteLRphcjqvNBa88yqQomyHvJF&index=6
PREMIO Á CALIDADE LINGÜÍSTICA
21 días improvisando. A Rabela.
https://www.youtube.com/watch?v=WwHYPdMzPP4&list=PLClP96GGteLRphcjqvNBa88yqQomyHvJF&index=7
PREMIO DO PÚBLICO
#PROPOSTAYOUTUBEIRA Flow do toxo - vídeo oficial.
Flow do toxo. https://www.youtube.com/watch?v=TZQVh2rnE-c&list=PLClP96GGteLRphcjqvNBa88yqQomyHvJF&index=8
En total, repartíronse 6.500 euros nas nove categorías. Esta edición estivo marcada polo incremento da participación que multiplica a presenza do galego na rede.