Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove inicia os preparativos do Entroido 2020

Fecha: 2020-01-15

 

O Concello do Grove xa se atopa inmerso nos preparativos do Entroido 2020, que se desenvolverá desde o 20 de febreiro ata o 1 de marzo.

A concelleira de Cultura, Noemí Outeda, acompañada polo alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos e polo concelleiro de Limpeza e Mercados, José R. Outeda, mantiveron na tarde do pasado luns unha xuntanza cos representantes das comparsas do Grove que aspiran a subirse ao escenario para se facer co Campionato do Mundo do Entroido Meco no Festival de Comparsas que se celebrará o sábado 22 de febreiro.

Once foron as formacións que acudiron á convocatoria desta xuntanza, que versou sobre diferentes aspectos orientados a mellorar, na medida do posible, a organización do Festival.

A reunión comezou ás 20.00 h e alongouse ata máis alá das 22.00 h. Durante este tempo, os integrantes das diferentes formacións mantiveron un intercambio de opinións cos representantes do goberno local sobre diferentes aspectos relacionados coa organización, o desenvolvemento e a duración das actuacións, o sistema de puntuacións e o xurado.

A xuntanza desenvolveuse nun ambiente distendido e de constante diálogo no que todos os asistentes puideron expoñer o seu punto de vista, intercambiar experiencias e achegar as súas suxestións, todo isto orientado a intentar mellorar o Festival e a detectar e corrixir os posibles erros cometidos, tanto por parte da organización como das propias comparsas.

En breve publicaranse as bases de participación e abrirase o prazo de inscrición para todas aquelas comparsas interesadas.