O Concello do Grove xa ten listo o programa do Entroido 2020 con importantes melloras
Fecha: 2020-02-06
Increméntanse os premios da Gran Marcha de Entroido nun 155 %
Facilítase a inscrición no concurso de disfraces en liña
O Concello do Grove xa ten lista a Programación do Entroido 2020, que se desenvolverá desde o 20 de febreiro ata o 1 de marzo. O programa comezará o xoves 20 de febreiro co xa tradicional Xoves de Comadres e Compadres en diferentes establecementos da vila.
O venres 21 de febreiro, a partir das 17.00 h, terá lugar na rúa Castelao a Gran Festa Infantil, con música, animación e xogos a cargo de Axóuxere animación. En caso de mal tempo, o evento desenvolverase no salón de actos da Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.
A noite do venres tamén se celebrarán actos en diferentes establecementos, como o Venres de Jarana e o Venres de Caballiteras.
Festival de comparsas
Xa o sábado 22, terá lugar un dos eventos de máis multitudinarios, o Festival de comparsas 2020. As entradas poderán adquirirse ao prezo de 5,00 € o propio sábado 22 no pavillón municipal dos deportes, en horario de 10.30 a 13.30 h e, en caso de non rematar as entradas nese horario, a partir das 16.30 h. O Festival transmitirase en directo e, así mesmo, colocarase unha pantalla exterior para que todas e todos poidan seguilo en tempo real.
Está previsto que 11 comparsas compitan este ano pola Bandeira do Festival. Ademais do accésit de participación de 300,00 euros, establécense os seguintes premios:
- Primeiro: 1.100 €, diploma, e bandeira
- Segundo: 900 € e diploma
- Terceiro: 800 € e diploma
- Cuarto: 600 € e diploma
- Quinto: 500 € e diploma
- Sexto: 400 € e diploma
Domingo de Entroido
O domingo 23 de febreiro, aquelas persoas que non puideron asistir ao Festival de Comparsas poderán ter a ocasión de escoitalas na ruta das comparsas polos bares do Grove. Xa pola tarde terá lugar, a partir das 17.00 h, o Festival Infantil de Disfraces, amenizado por Javi Solla e con obradoiros e lambonadas para toda a rapazada.
Gran Marcha do Entroido Meco
O martes 25 de febreiro celebrarase a Gran Marcha do Entroido Meco, con importantes melloras en canto ao desenvolvemento e aos galardóns. Repartiranse 7.125,00 € en premios, o que supón un incremento do 155 % con respecto aos anos anteriores.
A subcategoría de grupos adultos subdivídese, á súa vez, en dúas, o que supón unha subcategoría máis e con importantes subidas. Así mesmo, tamén se incrementan todos os premios infantís para igualalos aos de persoas adultas.
|
Categoría |
Subcategoría |
Premio |
Contía (euros) |
|
Adultos/as (máis de 14 anos) |
Grupos de máis de 12 |
Primeiro |
1000 |
|
Segundo |
700 |
||
|
Terceiro |
500 |
||
|
Grupos de ata 12 |
Primeiro |
800 |
|
|
Segundo |
500 |
||
|
Terceiro |
300 |
||
|
Parellas |
Primeiro |
200 |
|
|
Segundo |
150 |
||
|
Terceiro |
100 |
||
|
Individuais |
Primeiro |
150 |
|
|
Segundo |
100 |
||
|
Terceiro |
50 |
||
|
Infantil (ata 14 anos) |
Grupos |
Primeiro |
800 |
|
Segundo |
500 |
||
|
Terceiro |
300 |
||
|
Parellas |
Primeiro |
200 |
|
|
Segundo |
150 |
||
|
Terceiro |
100 |
||
|
Individuais |
Primeiro |
150 |
|
|
Segundo |
100 |
||
|
Terceiro |
50 |
||
|
Choqueiros |
|
Primeiro |
100 |
|
Segundo |
75 |
||
|
Terceiro |
50 |
Outro dos cambios está dirixido a facilitar a participación no concurso, para o que se permitirá a inscrición en liña a través do correo electrónico entroidodogrove@concellodogrove.es. As follas de inscrición poderán descargarse na páxina web do Concello, na páxina de Facebook ou solicitalas a través do citado correo electrónico.
A entrega de Premios terá lugar o mesmo martes 25 de febreiro nunha festa con animación do DJ Studio 21 a partir das 20.30 h, no pavillón municipal dos deportes.
Enterro da sardiña
O venres 26 de febreiro instalarase a capela ardente na praza do Corgo para velar a finada e ás 20.00 h sairá a comitiva fúnebre desde a a antedita praza ata o lugar de incineración.
Entroido en San Vicente
O sábado 29 de febreiro terá lugar, a partir das 16.00 h, a Concentración de Choqueiros, a Queima do Vimbio e a actuación de comparsas en San Vicente, festa que continuará o domingo 1 de marzo, a partir das 12.00 h, na Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder.