Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

AVISO: BANDO DA ALCALDÍA MEDIDAS PREVENTIVAS CON MOTIVO DO COVID-19

Fecha: 2020-03-12

 

 

FAISE SABER:

 

Ante a situación actual en relación co COVID-19 adóptanse a partir de mañá venres 13 de marzo as seguintes medidas:

  • SUSPÉNDENSE todas as actividades públicas de carácter institucional, social, cultural e deportivo.
  • PÉCHANSE as dependencias municipais (centros educativos, centros de maiores, casas de cultura, pavillóns de deportes e outros espazos deportivos).
  • LIMÍTASE a atención ao público nas dependencias municipais (Casa do Concello, Edificio Administrativo, sede de Servizos Sociais, sede da Policía Local, sede de Emerxencias, Almacén municipal, Escola Monte das Flores e demais). Priorízase a atención telefónica e telemática por medio de correo electrónico ou Sede electrónica.