Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE CONVOCA A VIII EDICIÓN DO CONCURSO DE PINTURA ERNESTO GODAY

Fecha: 2020-03-17

 

O Concello do Grove, co patrocinio da Deputación de Pontevedra, convoca a oitava edición do concurso en memoria do insigne pintor local Ernesto Goday, dotado con 3000,00 €. Así mesmo, grazas á colaboración establecida coa Asociación Española de Pintores e Escultores (AEPE), a premiada ou premiado tamén recibirá un diploma e a medalla desta institución.

 

Neste nova edición do certame pode participar calquera persoa maior de idade que presente unha obra figurativa, inédita e orixinal da súa autoría, cunhas dimensións comprendidas entre 60 x 50 e 150 x 150 cm, realizada con técnica libre. A temática terá que estar relacionada coa paisaxe natural e urbana do Grove e as súas xentes.

 

Todas as persoas interesadas en participar, poden inscribirse achegando unha fotografía da obra en formato dixital acompañada da folla de inscrición, ata o 30 de setembro de 2020, ao correo electrónico casadacultura@concellodogrove.es ou a través do enderezo postal Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, Monte da Vila, 11, CP 36980 O Grove (Pontevedra).

 

Un xurado composto por profesionais do mundo da arte realizará unha preselección que se comunicará ás persoas interesadas no mes de outubro. As e os artistas seleccionados deberán enviar as súas obras, que formarán parte da exposición do concurso e do Catálogo 2020. Desa preselección sairá a obra gañadora de 2020.

 

BASES DO CONCURSO>