Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

AXUDA EXTRAORDINARIA DA XUNTA PARA O COMEDOR ESCOLAR DO COLEXIO CONMINIÑO

Fecha: 2020-04-04

 

A Concellería de Educación lembra que ata o vindeiro día luns 6 de abril continúa aberto o prazo para que as familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar xestionadas pola Consellería de Educación soliciten unha axuda extraordinaria mentres estean suspendidas as clases presenciais por causa da declaración da situación de emerxencia sanitaria polo coronavirus. No caso do Grove, unicamente o do colexio Conminiño, xa que os comedores dos colexios Rosalia de Castro, Valle-Inclán e As Bizocas xestiónaos a ANPA de cada centro.

 

Presentación de solicitudes

 

Tal e como publica Diario Oficial de Galicia, a solicitude deberá presentarse de xeito obrigatorio a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Naqueles casos nos que as familias non dispoñan de acceso electrónico, poderán solicitar a colaboración dos equipos directivos dos centros de ensino onde estean escolarizados os seus fillos e fillas.