O CONCELLO SOLICITA VOLUNTARIADO PARA CONFECCIONAR MÁSCARAS DE PROTECCIÓN
Fecha: 2020-04-12
Sabedores de que hai moitos veciños e veciñas que, desexando axudar nestes momentos, se teñen ofrecido a facer máscaras de protección pero non teñen material nin guías para elaboralas, o Concello do Grove pon á súa disposición un número de teléfono onde poder inscribirse como voluntarios e voluntarias para fabricalas: 886 214 933 (de 9.00 a 18.00 h).
A todas estas persoas levaráselles ao seu domicilio material, así como titoriais e patróns para confeccionalas e, unha vez feitas, recolleránselles no mesmo lugar para a súa distribución.
Canta máis xente coordinada faga este traballo, máis veciñanza poderá contar con esta protección!
Entre todos e todas conseguirémolo!