BATA VOLVE A COLABORAR CO CONCELLO DO GROVE
Fecha: 2020-05-08
O Concello adxudicoulle hoxe un contrato de mantemento de xardinería por dous anos á Asociación de Autismo Bata.
O Concello do Grove adxudicou hoxe un servicio de apoio ao mantemento das zonas verdes da localidade que contribuirá ao coidado destes espazos xunto cos servizos municipais xa adicados a este fin. O adxudicatario deste contrato por dous ano foi a Asociación de persoas autistas BATA, coa que o Concello do Grove xa tiña colaborado en periodos anteriores. Deste xeito traballadoras e traballadores desta asociación realizarán tarefas de xardinría durante os próximos dous anos na nosa localidade conseguindo, ademáis dun fermoso traballo, poñer en marcha un exemplo de integración moi positivo.
A Asociación BATA
Segundo informan na propia asociación, “Bata formámola persoas compromedidas, que xeran oportunidades e apoios para as persoas, que promoven a inclusión para a consecución dunha plena calidade da vida, que acomodan o deseño e a adaptación de contornas que faciliten a comprensión e a comunicación, que desenvolvan intervecións eficaces axustadas ás capacidades, necesidades, expectativas e intereses de cada persoa, valorando tanto os seus puntos fortes como os apoios e recursos que precisan, onde os pequenos cambios xeran grandes momentos que constrúen sorrisos, onde se enfatiza o máis importante do cotián..., en definitiva, centrados na boa vida das persoas e en apoios para a cidadanía de pleno dereito”.
Ao redor de cinco traballadores de BATA xa se atopaban colaborando co Concello nos últimos anos. Este contrato consolida esta colaboración para dous anos máis.