O CONCELLO REABRE MAÑÁ O CEMITERIO MUNICIPAL
Fecha: 2020-05-11
Establecéronse medidas de control e seguridade para o bo funcionamento desta reapertura.
O Concello do Grove informa de que mañá martes se reabre o cemiterio municipal, que se mantiña pechado desde o comezo do estado de alarma. O acceso permitirase unicamente de 9.00 a 13.30 h, con capacidade limitada a 40 persoas, as cales disporán de 20 minutos dentro das instalacións.
Concello insiste en que é fundamental non baixar a garda e manter todos os coidados posibles para evitarmos contaxios, polo que a dinámica de acceso ao cemiterio será moi controlada. Entrarán grupos de 40 persoas, que terán 20 minutos para permaneceren no seu interior. Logo dese tempo, abandonarán o recinto para que poida acceder outro grupo. Só se permitirá o acceso pola porta principal, polo que as outras entradas seguirán pechadas. O control será realizado polo persoal municipal e pola Policia Local e será imprescindible o uso de máscara.