O CONCELLO DO GROVE FACILITA CONEXIÓNS DE INTERNET A ESTUDANTES DA LOCALIDADE
Fecha: 2020-05-15
Na liña do establecido para o préstamo de equipamento informático, tamén foi necesario realizar investimentos para facilitar conexións.
Como consecuencia da crise do Coronavirus e a suspensión da docencia presencial, moita mocidade do Grove ten que atender a docencia a través de plataformas virtuais. Este feito fixo necesario darlles cobertura a familias que non contaban con equipos, como xa se contou con anterioridade, pero tamén se foi preciso solucionar problemas de acceso á internet nalgúns casos.
O Concello elaborou unha listaxe de necesidades que foron paliadas parcialmente, pero que agora queren ser abordadas dun xeito máis concreto. Para este fin adquiríronse 20 routers portátiles con 50 Gb ao mes que lles serán facilitados aos estudantes que os precisen. No momento actual xa se asignaron 17, mais aínda se conta con tres máis en reserva por se fosen precisos, adiantándose á dificultade que supuxo conseguir estes equipos nas últimas semanas.
Ademais da cobertura de necesidades con respecto a equipamentos técnicos y conexións, o Concello está pendente dos problemas que van xurdindo en torno á situación da educación provocada polo estado de alarma e a corentena. Lembramos que esta semana comezou o periodo de matrícula nos centros educativos da localidade, para o cal se facilitaron equipos de protección e se desinfectaron completamente os edificios.
