O CONCELLO DO GROVE INFORMA DOS SISTEMAS DE SOLICITUDE DE CITA PREVIA PARA OS SERVIZOS ADMINISTRATIVOS MUNICIPAIS
Fecha: 2020-06-02
A partir de onte os servizos administrativos municipais retoman a actividade presencial, pero con cita previa.
Unha vez iniciado o proceso de desescalada, o Concello do Grove artellou un plan de reactivación dos servizos presenciais no edificio administrativo e na propia Casa do Concello. Logo das correspondentes reunións co Comité de Prevención de Riscos, dispuxéronse, mediante un decreto da Alcaldía, as indicacións para o restablecemento da actividade presencial, seguindo as indicacións do Ministerio de Sanidade. Deste xeito sempre se priorizará a atención cidadá por medios telemáticos (videoconferencias, teléfono, correo electrónico, etc.).
Máis concretamente, o Rexistro xeral admitirá a presentación de documentación de forma presencial en horario de 9.00 a 14.00 horas, inda que se tentará fomentar o emprego do rexistro electrónico e, con carácter xeral, para a atención ao público establecerase un sistema de cita previa por internet ou por teléfono. No caso de que a asistencia presencial sexa ineludible, terase en conta a capacidade máxima de cada estancia, respectando o requisito de distancia interpersoal e, cando sexa posible, habilitaranse mecanismos de control de acceso nas entradas.
Táboa dos servizos con cita previa>