Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

COMEZAN OS TRABALLOS DE ACONDICIONAMENTO DA PRAIA DE PERALTO

Fecha: 2020-06-09

 

Tras a autorización facilitada polo Ministerio, o Concello comezou a mellora  do areal.

 

O Concello do Grove comezou esta mesma mañá a preparación da praia de Peralto, onde a area se acumulara na súa parte superior durante o inverno. O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico concedeu o permiso para esta intervención a pasada semana, o que supón que pode realizarse un movemento de area que permita “repartir” a que estaba acumulada na parte superior cara á zona inferior da praia, para igualar o areal e evitar as irregularidades na zona de firme máis próxima á liña de auga.

 

Estes traballos rematarán mañá mesmo e supoñen unha acción máis dentro do programa de recuperación posto en marcha polo Concello do Grove para mellorar e limpar os espazos urbanos tras o confinamento.