Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE PON EN MARCHA O PROCEDEMENTO PARA A ADXUDICACIÓN DOS SERVIZOS PARA AS PRAIAS

Fecha: 2020-06-11

 

O procedemento foi modificado tras a paralización da corentena. Ofértanse quioscos e outros servizos para a súa explotación durante este ano.

 

A Xunta de Goberno Local que tivo lugar onte puxo en marcha o procedemento para autorizar da explotación dos servizos de praias. Este procedemento tiña que activarse os pasados meses, pero a paralización da Administración debido á crise do coronavirus deixou esa posibilidade en suspenso. Ante a necesidade de poñer este proceso en marcha canto antes, o Concello do Grove adaptou as bases á situación actual e establece que, unha vez publicadas, as persoas interesadas disporán de dez días para presentaren a súa solicitude e a documentación.

 

Entre os cambios establecidos figura o feito de que a previsión era sacar estas concesións por un período de catro anos, pero a urxencia dos prazos e a excepcionalidade da situación fan necesario que nesta ocasión tan só sexan concedidas por un ano, mais en 2021 realizarase a adxudicación por catro. Ademais disto, a autorización para quioscos de praia ten novidades, pois o ministerio estableceu un máximo de dous postos na Lanzada (zona norte e zona central) e non autorizou ningún para a praia de Area da Cruz, xa que neste areal non existen servizos de saneamento nin de auga adecuados para garantir o servizo de xeito adecuado.

 

Tamén debe terse en conta que este ano, tal e como estaba previsto, sae a poxa a concesión de quioscos en todas as praias en que existe esta posibilidade na localidade, polo que aumentan así as opcións das persoas participantes e a posibilidade de dotar de servizos máis areais dos que ata o de agora os tiñan. A isto súmanse as concesións de escolas de surf e os alugamentos de embarcacións de ocio nos lugares habituais.

 

Pode consultar a documentación relativa a este asunto ptremendo na seguinte ligazón:

Servizos de tempada en praias 2020>