Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE ACOMETERÁ A PARTIR DE HOXE O ACONDICIONAMENTO DA PRAIA DE RONS

Fecha: 2020-06-11

 

Continúanse así cos traballos de preparación da vila tras o período de corentena.

 

Logo de que onte se remataran os traballos de acondicionamento da praia de Peralto (remitimos imaxes dos últimos retoques), hoxe mesmo comezarase a traballar na praia de Rons. Continúase así coas melloras nas praias urbanas que, a día de hoxe, seguen a ser as de maior asistencia por parte da veciñanza da localidade. Debe terse en conta que, aos danos habituais causados polo inverno, este ano se suma a falta de mantemento durante os meses de confinamento. O Concello seguirá nesta liña de traballo de forma sistemática ata completar a adecuación dos máximos areais posibles.