Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A ASOCIACIÓN BATA CONTRIBÚE Á MELLORA DOS XARDÍNS DO GROVE

Fecha: 2020-06-11

 

 

Os traballadores e as traballadoras desta asociación están realizando melloras en distintos espazos públicos do Concello do Grove.

 

A través do convenio de colaboración asinado no mes de maio, os traballadores e traballadoras da Asociación de Autismo BATA desenvolverán, durante dous anos, actividades de xardinería e mantemento na nosa localidade. Inda que xa levan dende esa data realizando pequenos traballos, nos últimos días coa entrada da fase 3 e a fin de moitas das limitacións establecidas, incrementouse a súa actividade, feito que, ademais, xa se pode observar en moitos dos xardíns e prazas do Grove.

 

A Asociación BATA

 

Segundo informan dende a propia asociación, “Bata fórmana persoas comprometidas, que xeran oportunidades e apoios para as persoas, que promoven a inclusión para a consecución dunha plena calidade da vida, que acomodan o deseño e a adaptación de contornas que faciliten a comprensión e a comunicación, que desenvolvan intervencións eficaces axustadas ás capacidades, necesidades, expectativas e intereses de cada persoa, valorando tanto os seus puntos fortes como os apoios e recursos que precisan, onde os pequenos cambios xeran grandes momentos que constrúen sorrisos, onde se enfatiza o máis importante do cotián..., en definitiva, centrados na boa vida das persoas e en apoios para a cidadanía de pleno dereito”.

 

Ao redor de cinco traballadores de BATA xa se atopaban colaborando co Concello nos últimos anos, agora consolídase esta colaboración durante dous anos máis.