Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO COMPLETA O ASFALTADO DA ZONA DAS BESADAS

Fecha: 2020-06-12

 

A actuación de mellora de pluviais e saneamento estaba pendente deste remate.

 

O Concello do Grove acometeu onte o remate do asfaltado da zona das Besadas, onde tiña actuado antes da corentena. Nesta zona levouse a cabo unha importante actuación de recollida de pluviais e saneamento xa que se tiñan detectado problemas de asolagamento dalgunhas das terras das zonas. Logo de realizar esas obras tan só quedaba pendente asfaltar a área en que se actuara, feito que foi realizado no día de onte e co que quedou solucionando o problema existente.