Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

RETÓMANSE OS TRABALLOS DA ROTONDA DE SAN VICENTE

Fecha: 2020-06-12

 

O concelleiro de San Vicente revisou onte a evolución dos traballos.

 

A rotonda do cruzamento entre As Lampáns e As Bizocas permaneceu parada durante os últimos meses debido ao confinamento. Deste xeito, a execución desta obra, que comezou en outubro de 2019, prolongouse máis do agardado logo de que en xaneiro fose solicitada unha prórroga pola empresa adxudicataria, que non puido traballar polas duras condicións climáticas do pasado inverno. A obra está financiada na súa totalidade pola Deputación de Pontevedra e ten un orzamento de 210.000 euros. Inicialmente estaba previsto o seu remate en tres meses, pero ademais da prórroga solicitada, os recentes acontecementos provocarán que o seu remate se estableza na primeira semana de xullo.

 

A rotonda terá un diámetro exterior de 32 metros e inclúe sendas peonís laterais de 2,5 metros de ancho, comunicadas mediante pasos de peóns elevados. Contará cun acabado interior de céspede natural e a iluminación será realizada a través dun farol de 9 metros de altura equipado con leds, contemplándose tamén na actuación o saneamento da zona. A súa situación, na estrada EP-9101, supón unha importante actuación en termos de seguridade e pacificación do tráfico.

 

A Deputación púxose en contacto co Concello para informar da viabilidade da continuación dos traballos, polo que o concelleiro da zona, Juan Otero, estivo presente esta mañá para comprobar a evolución dos traballos.