Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE PON EN MARCHA A CONTRATACIÓN DO PERSOAL PARA A OFICINA DE TURISMO

Fecha: 2020-06-12

 

Ponse en marcha tamén un convenio coa Xunta para incrementar o persoal dispoñible.

 

A contratación de persoal para turismo, que permaneceu paralizada, foi retomada esta mesma semana. A Xunta de Goberno Local  do mércores aprobou as bases adaptadas para a contratación de dúas persoas con cargo á subvención específica da Deputación de Pontevedra e aos propios orzamentos municipais. O procedemento realizarase de forma urxente, polo que as bases serán publicadas nos vindeiros días no apartado de Selección de persoal da páxina web do Concello.

 

Esta semana tamén se recibiu a proposta dun convenio da Xunta de Galicia para contratar persoal de turismo. O habitual procedemento de selección foi cancelado durante o confinamento, polo que a Xunta solucionou a dotación de persoal mediante convenios específicos con cada concello. Dende O Grove solicitáronse tres persoas, que deberían estar dispoñibles ata o mes de outubro. Agárdase a concreción do convenio nos vindeiros días.

 

Ambas as actuacións garanten a cobertura do importante servizo que presta a Oficina de Turismo do Grove, a máis visitada da comarca. Con respecto a esta, xa se está establecendo o correspondente protocolo de adecuación ás actuais normas hixiénicas e de sanidade, que suporán, por exemplo, que as persoas visitantes non poidan recoller materiais —como folletos ou planos—, que serán substituídos por códigos QR, entre outras medidas que o Concello xa está poñendo en marcha para que estean dispoñibles de cara á incorporación do persoal.