O CONCELLO DO GROVE RETIRA A PUBLICIDADE DAS CASAS DE APOSTAS DOS ESPAZOS DEPORTIVOS MUNICIPAIS
Fecha: 2020-07-01
O Pleno do Concello do Grove aprobou en 2019 unha moción presentada polo Grupo Municipal de Esquerda Unida relativa ao “control e proliferación das apostas on-line e casas de apostas e tomar medidas de prevención ante a ludopatía”. Todos os grupos pertencentes á corporación municipal coincidiron na necesidade de poñer en marcha accións para frear este problema social que, día a día, está sendo máis grave.
Entre as propostas de medidas recollidas, unha das que estaba pendente de realizar, e que quedou freada durante a pandemia, foi a da eliminación dos espazos públicos de catelería ou publicidade das casas de apostas, especialmente no referido a zonas deportivas ou espazos frecuentados por xente nova. Finalmente. esta semana púidose poñer en marcha esta medida eliminando esa publicidade do Campo de Fútbol Municipal do Monte da Vila, único lugar onde, a día de hoxe, se mostraba este tipo de publicidade. O Concello tamén ten sobre a mesa outras accións que se porán en marcha segundo se poida normalizar a situación, tanto en centros educativos como en lugares de práctica de deporte.
.jpeg)
.jpeg)