Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE PRESENTA A SÚA PROGRAMACIÓN CULTURAL DO VERÁN 2020

Fecha: 2020-07-06

 

A pesar da complicada situación vivida nos pasados meses, o Concello do Grove quere reactivar a actividade cultural mantendo as citas tradicionais do verán do Grove como os Xoves Culturais, o Cinema de Verán ou as actividades infantís.

 

O Concello do Grove porá en marcha esta semana a programación cultural do verán. Neste caso trátase de actividades que se axustarán ás medidas establecidas para garantir a seguridade e protexer o público, os artistas e o persoal que participa. Deste xeito, mantéñense as citas tradicionais como os contacontos dos martes, que este ano se desenvolverán tanto na biblioteca municipal como na axencia de lectura de San Vicente, contando con prazas limitadas e con inscrición previa para garantir tamén a seguridade adecuada.

 

Ademais das actividades infantís dos martes, tamén se mantén o Cinema de Verán os mércores, que traerá ao Grove éxitos de pantalla para todos os públicos. Neste caso tamén será preciso un cambio de localización para garantir a distancia de seguridade, de tal xeito que se proxectarán na praza do Corgo. Neste mesmo lugar mantéñense os Xoves Musicais, que este ano terán un carácter marcadamente local, contando coa actuación de A Banda do Sequío, Acuarela, Fla-Meco, Arroba de Viño, Cinco en Zocas, Carolina Rubirosa e Amigos do Acordeón das Rías Baixa”.

 

A programación desenvolverase tanto no centro da localidade como en San Vicente, onde terán lugar os Venres Culturais que levarám ao Campo da Festa concertos e proxeccións cinematográficas, con grupos como o Dúo Musical D2, o Dúo Prisma e Otero & Romero, e películas para todos os públicos. Ademais dese espazo, as Salgadeiras de Moreiras acollerán o concerto de David Chiquillo que, neste caso, tamén contará con prazas limitadas, polo que será preciso contar con convite. Nese mesmo espazo terá lugar o concerto do Quinteto de Corda da Orquestra Clásica de Vigo; unha actividade incluída dentro do Programa de “Música no Ar” da Deputación de Pontevedra.

 

Exposición e Día de Galicia

 

Amais de toda a programación marcada con carácter semanal, a programación cultural deste verán completarase coa exposición fotográfica “Fillos do Océano”, de Javier Teniente, unha actividade patrocinada por Afundación de Abanca e que estará no Museo da Salga entre o 8 e o 29 de xullo en horario de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 19.00 horas.

 

A celebración do Día Nacional de Galicia, o 25 de xullo, terá lugar este ano ás 21.00 horas na praza do Corgo cun acto institucional que será precedido polo concerto de Roi Casal, co espectáculo “Son galego, son cubano”, na praza do Corgo.

 

O Concello do Grove mantén así o seu obxectivo de ofrecer programación cultural para todo tipo de públicos e con carácter gratuíto, mantendo a súa accesibilidade e buscando que toda veciñanza poida gozar destas actividades que, por extensión, de seguro que serán de interese para os visitantes que se acheguen ao Grove. Dende o Concello reitérase a petición de colaboración do público asistente a estas actividades para cumprir coas medidas de seguridade establecidas sendo coidadosos e comprensivos especialmente co persoal que traballará nestes espectáculos. 

 

CONSULTE O PROGRAMA COMPLETO>