Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE MANTERÁ O MERCADO SEMANAL EN BEIRAMAR DURANTE O MES DE AGOSTO

Fecha: 2020-07-24

A data de hoxe, o espazo está cumprindo cos requisitos de seguridade e hixiene precisos para o desenvolvemento deste tipo de eventos.

 

O Concello do Grove trasladou hai xa un mes o mercado semanal dos venres da praza do Corgo á avenida de Beiramar, buscando así un espazo que cumprise cos requisitos de seguridade para poder seguir desenvolvendo esta actividade. Deste xeito, a avenida de Beiramar permite que os postos se coloquen en liña, sen crear corredores angostos que poidan supoñer unha acumulación de persoas, co conseguinte risco para a saúde que isto significaría.

 

A experiencia destas semanas resultou complexa para os vendedores, servizos municipais e incluso para os compradores, que viron como a situación dos postos se cambiaba, pero o resultado xeral resulta positivo ao facilitar a dinamización desta actividade, que permite, de xeito paralelo, conseguir dinamismo comercial no municipio. Nestas semanas en que o incremento dos visitantes de fóra da localidade que se achegan ao mercado é notable, chámase especialmente a atención sobre o emprego obrigatorio de máscaras de xeito permanente, así como sobre o uso reiterado de xel hidroalcólico e o mantemento da distancia de seguridade, tanto nos desprazamentos coma nos postos.

 

O Concello do Grove informa de que o mercado continuará na mesma zona durante o mes de agosto, seguindo coas medidas de seguridade previstas.