Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE POÑERÁ EN MARCHA A ADECUACIÓN DE NOVOS SENDEIROS EN ZONAS RURAIS

Fecha: 2020-07-30

 

Estes sendeiros permitirán mellorar o acceso a diversas zonas do rural, ademais de seren novas zonas de paseo.

 

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana un proxecto de acondicionamento de sendeiros en distintas zonas do rural. Deste xeito os sendeiros serán mellorados cunha adecuada preparación e coa colocación de xabre para garantir a súa viabilidade e unha maior durabilidade no tempo, xa que se trata de zonas que se ven moi prexudicadas durante o inverno. A intervención realizarase na zona de Estonllo, en Punta Moreiras, no Monte Central, na Lanzada e na zona das Pipas e tentarán poñerse en marcha o antes posible, pero sempre de xeito compatible co uso que se fai destes camiños durante o verán. A actuación xa foi contratada e conta con todos os permisos para a súa realización.