REMATE DO CAMPO DE VOLUNTARIADO ‘A TERRA QUE HABITA O MAR’
Fecha: 2020-09-14
O Concello do Grove acolleu do 1 ao 12 de setembro o campo de voluntariado “A terra que habita o mar”, organizado pola Consellería de Política Social dentro do programa xuvenil O verán que necesitas.
Por motivos de seguridade motivados pola Covid-19, este ano o grupo quedou reducido a 12 participantes de entre 18 e 30 anos procedentes da nosa comunidade autónoma, cando a anterior convocatoria foi de ámbito internacional.
Este ano o campo volveu ser de temática medioambiental e patrimonial e consistiu na recuperación de varios miradoiros de aves e na extracción de plantas invasoras en diferentes praias do Grove. Tamén se repasaron as zonas traballadas en 2019 para evita rebrotes e traballaron noutras onde a influencia destas especies son de especial sensibilidade ambiental, superando as cifras do pasado ano. Así mesmo, no tocante á recuperación de estruturas, este ano traballaron na reparación do “Observatorio do Medio”, situado no istmo do Vao.
O cámping Os Fieitás coordinou o traballo desta doce persoas participantes e ofreceulles aloxamento, así como un programa de actividades lúdicas, culturais e deportivas.