Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE ABRE O PRAZO DE MATRÍCULA NA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL

Fecha: 2020-09-24

 

As clases estarán adaptadas ás normas de seguridade requiridas pola Covid-19.

 

O Concello do Grove informa de que mañá comeza o prazo de inscrición na Escola de Música Municipal José Silva Torres. A previsión é de que os cursos se desenvolvan entre o vindeiro mes de outubro e xuño do ano próximo. Lembramos que se conta con clases adaptadas por idades en música e movemento, teorías musicas e, por suposto, en gran variedade de instrumentos, como piano, violín, guitarra, violonchelo ou distintas percusións. A oferta mantense igual que nos cursos anteriores, se ben as clases serán adaptadas aos requisitos necesarios no relativo á seguridade fronte á pandemia.

 

O prazo de inscrición comeza mañá venres 25 de setembro e esta deberá facerse a través do Rexistro municipal en horario de 9.00 a 14.00 horas. Os impresos de matrícula poden descargarse na web e no Facebook do Concello do Grove.

 

Descargue aquí a ficha de inscrición>