O CONCELLO DO GROVE VALORA POSITIVAMENTE A PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE ESCAPARATES DE NADAL
Fecha: 2020-12-15
Un total de 50 establecementos inscribíronse nesta iniciativa.
O Concello do Grove valora moi positivamente a participación no Concurso de Escaparates convocado con motivo do Nadal. Un total de 50 establecementos participantes supoñen un bo dato para esta primeira iniciativa que busca conseguir unha imaxe máis de calidade e positiva das nosas rúas.
Finalmente, o xurado encargado de valorar as decoracións de Nadal estará composto por alumnos e alumnas de bacharelato do IES Monte da Vila, que achegarán a súa particular visión ás propostas, xa que realizarán un veredicto fundamentando. Inda que nas bases estaba previsto dar a coñecer o resultado o 16 de decembro, será o 19 de decembro cando se resolva debido á alta participación e a permitir que o estudantado poida realizar esta actividade fóra do seu horario de docencia.
Lembramos que o Concello repartirá 10 premios por un total de 3.000 euros aos 10 mellores escaparates. Esta contía terá que se destinada a compras no comercio local, apoiando deste xeito os establecementos da localidade.