O CONCELLO DO GROVE PROPÓN A JAVIER OLLEROS COMO FILLO PREDILECTO DO GROVE
Fecha: 2020-12-15
O Grupo de Goberno elevará esta proposta a un pleno extraordinario que se agarda que teña lugar en cando as condicións o permitan.
O alcalde do Grove comunicoulle hoxe a Javier Olleros e ao seu equipo a proposta de nomealo Fillo Predilecto do Grove. O espectacular logro acadado polo cociñeiro meco co seu restaurante Culler de Pau ao se converter no primeiro local de Galicia en conseguir dúas estrelas Michelin non é só un recoñecemento do seu bo facer, senón que supón un verdadeiro éxito para toda a veciñanza do Grove, que ve como a tradición hostaleira e a espectacular calidade dos produtos da localidade son recoñecidos a nivel internacional. Javier Olleros pon ao Grove no mapa mundial da gastronomía e considérase de xustiza que os veciños e as veciñas así llo recoñezan cun nomeamento que, sendo honorífico, o confirma no seu papel de embaixador do Grove no mundo.