Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

PAPÁ NOEL ATENDERÁ A RAPAZADA DO GROVE A TRAVÉS DE VIDEOCHAMADA

Fecha: 2020-12-16

 

A biblioteca municipal será a encargada de concertar as citas.

 

A alerta sanitaria actual fai moi difícil que Papá Noel poida percorrer as rúas do Grove, como era habitual. Porén, non quixo perderse esta importante cita cos rapaces e rapazas do Grove, polo que xurdiu a idea de que os atenda a través de videochamadas. Dada a complexa e ateigada axenda de Papá Noel, será o persoal da Biblioteca Municipal do Grove quen se encargue de organizar as citas para todos aqueles nenos e nenas que queiran falar en directo con el.

 

A partir de hoxe, mércores 16 de decembro, tan só será necesario dirixirse á Biblioteca Municipal do Grove, a través do teléfono 986 732 341 ou do correo electrónico biblioteca@concellodogrove.es, onde de se facilitará o código e toda a información para recibir esta importante chamada. Desde o Concello do Grove solicítaselles ás familias que concerten a súa cita o antes posible.

 

Vídeo sobre a iniciativa>