Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A súas maxestades, os Reis Magos de Oriente, percorrerán as rúas do Grove o martes 5 de xaneiro

Fecha: 2021-01-04

 

Os Reis Magos saírán ás 19,00 h e percorrerán as rúas do Grove acompañados de moterias e moteiros da vila.

 

O Grove, 4 de xaneiro de 2021.- A pesar da pandemia, Os Reis Magos non queren faltar á súa cita cos nenos e nenas do Grove para traerlles agasallos e ilusión, polo que xa prepararon o seu itinerario cunhas condicións de seguridade especiais para chegar a toda a rapazada evitando as aglomeracións. 

 

As súas maxestades de Oriente iniciarán a súa visita ás 19.00 h e percorreran as rúas da vila acompañadas dun pequeno séquito, moteiras e moteiros da vila para que os cativos poidan velos, preferiblemente  dende os balcóns e as fiestras, cumprindo as normas de seguridade e distanciamento.

 

Despois de percorrer as rúas do Grove, sobre as 20.00 h aproximadamente, os Reis Magos serán recibidos na Casa do Concello do Grove polo alcalde, dende onde dirixirán unhas verbas á rapazada.

 

Será retransmitido en directo por Todogrove para que ninguén se perda esta importante cita e que todas e todos poidan seguir a chegada ao Grove dos Reis Magos sen crear aglomeracións que poidan supoñer un risco.