Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove convoca unha nova edición do Concurso de Fotografía polo Día Internacional da Muller

Fecha: 2021-02-12

 

De cara á celebración o vindeiro 8 de marzo do Día Internacional da Muller, ponse en marcha un concurso de fotografía aberto a persoas profesionais e afeccionadas.

 

A Concellería de Igualdade do Concello do Grove convoca un ano máis o Concurso de Fotografía polo Día Internacional da Muller, no que quen participe deberá presentar imaxes que reflictan o traballo das mulleres en calquera eido. Neste concurso poderá participar toda persoa maior de idade que o desexe, sexa profesional ou afeccionada, presentando un máximo de tres fotografías en formato impreso ou dixital. As fotos serán orixinais e non premiadas noutros concursos, poderán ser presentadas en formato horizontal ou vertical, tanto en cor como en branco e negro, pero non se permite que estean retocadas dixitalmente.

 

Para concorrer ao certame, as fotografías deberán enviarse, ben en formato dixital ao enderezo de correo electrónico 08marzogrove@gmail.com, ben en formato impreso por correo postal ao Centro de Información ás Mulleres (CIM) municipal (rúa do Matadoiro, s/n, 36980 O Grove), sempre acompañadas da correspondente folla de inscrición cuberta e do documento de identidade da autora ou autor. O prazo de inscrición estará aberto desde a publicación das bases na páxina web do Concello do Grove (www.concellodogrove.es) ata o mércores 3 de marzo de 2021, incluído.

 

O xurado, composto por integrantes do Consello Local de Igualdade (CLI) e por profesionais relacionados coa arte e a fotografía, outorgará un primeiro premio de 350 euros, un segundo de 250 e un terceiro de 150 euros, así como o Premio ao Impulso á Promoción da Muller, dotado con 250 euros. O nome das catro persoas galardoadas darase a coñecer na páxina web municipal o día 8 de marzo de 2021.

 

Ademais, a fotografía gañadora será empregada na campaña do Día Internacional da Muller e as 20 fotografías con maior puntuación serán expostas ao público durante todo o mes de marzo.

 

BASES E FOLLA DE INSCRICIÓN>