NOVO AVISO DE INTERRUPCIÓN PROGRAMADA DA SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA
Fecha: 2021-02-25
Co fin de seguir cos traballos
de mantemento e mellora da rede eléctrica, informamos que o próximo
domingo, día 28 de febreiro,
de 6.00 a 9.00 horas, a distribuidora eléctrica UFD vai deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións na subministración de electricidade durante ese intervalo de tempo nas seguintes zonas:
rúa Luis Casais, rúa As Barqueiras, rúa Batalla de Lepanto, rúa Castelao, rúa Claudio Iglesias, rúa Conricado, rúa Luis Antonio Mestre, rúa Luis Seoane, rúa Monte da Vila, rúa O Outeiriño, rúa O Pombal, rúa do Relanzo (barrio da Vilavella), rúa da Trabuqueira (barrio de Peralto); rúa Vilavella, rúa Os Pardiños.
Desculpen as posibles molestias que estes labores poidan ocasionar.